Deseñado para que calquera saiba usalo desde o principio. Non necesitas formación nin manual de usuario porque vaiche guiando mentres o usas a través de mensaxes na cabeceira.
Profesional
Orientado a autónomos e microempresas de calquera sector, especialmente as que traballan por proxectos. Axiliza a túa toma de decisións ao dispor de toda a información relevante do teu negocio de forma rápida e sen erros.
Todo en 1
Integra todas as ferramentas para a xestión diaria dunha pequena empresa: Proxectos – Tempo – Documentos – CRM – Presupostos – Facturación – Compras – Gastos – Análises – Tarefas – Alertas – Roles – Recursos.
Cloud
Non necesitas instalalo no teu dispositivo, porque funciona desde o cloud (a nube), o cal che permite acceder a el desde calquera lugar a través de internet.
Alcanzable
Pomos a xestión ao alcance de todos. Agora podes gozar de ferramentas de xestión independentemente do tamaño e recursos da túa empresa.
Práctico
Pensado para a xestión diaria da túa pequena empresa. Delega parte dos labores de xestión para poder centrarche no teu auténtico traballo.
Seguro
Todas as comunicacións entre os nosos servidores e o teu navegador están cifradas mediante certificado de seguridade SSL. Ademais, estamos sometidos a auditorías periódicas de seguridade.
Privado
Cumprimos as leis españolas LOPD e LSSICE para que ti sexas o único dono dos teus datos persoais. Podes crear roles diferentes a cada usuario para limitar a información da túa empresa á que teñen acceso.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, sin modificar la configuraciónn, consideramos que aceptas su uso..AceptarMas información